PEC-PXAD-Avaliacións-Promoción e titulación

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

ORDE do 25 de xaneiro de 2022

Esta orde obriga aos centros educativos a facer unha serie de actualizacións e modificacións nos seus Proxectos Curriculares, en particular, no tocante á estrutura das sesións de avaliacións e os criterios xerais para a promoción e a titulación. Para clarificar os puntos máis importantes destas novidades, achegamos dous documentos cun resumo das mesmas:

        1. Avaliacións: onde se detallan as avaliacións que quedan establecidas por etapas (lembremos que desaparece a extraordinaria na ESO), non así en 1º de Bacharelato, pasando a ser en xuño (en vez de setembro)
        2. Promoción e titulación: onde se detallan os casos por etapas.

-Publicado o PXAD (Plan Xeral de Atención á Diversidade), actualizado e aprobado o día 20 de abril de 2022

-Achégase o Proxecto Educativo de Centro (PEC) actualizado e aprobado en claustro con data 20 de abril do 2022.