Criterios e o procedemento de distribución de máscaras

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. -Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (ESTE ALUMNADO NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE, XA É BENEFICIARIO DA ENTREGA DE MÁSCARAS)

2. -Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (ESTE ALUMNAO TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE, QUE SE ENTREGA NO CENTRO OU DESCARGAR NA LIGAZÓN ANTERIOR)