1ºESO - GUÍA PREPARACIÓN EXAME DE SETEMBRO 2020, INGLÉS
GUÍA PREPARACIÓN DA MATERIA PARA A CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO
Para prepararte cara ao exame de recuperación de setembro,
- No exame entra a materia dada ao longo do curso, do tema 1 ao tema 6, ámbolos dous incluídos.
- Organiza o teu traballo ao longo do verán e non o deixes para os últimos días.
- Recorda que para asimilar ben os contidos (tanto gramaticais coma léxicos), o ideal é traballar tema por tema, dedicarlle o tempo necesario, poñer interese e esforzarse.
- Antes de facer exercicios para practicar, repasa a gramática e estudia o vocabulario. Tes cadros e resumos da gramática no WORKBOOK, páxinas 98 a 108, e o vocabulario traducido ao castelán nas páxinas 83, 84, 85 e 86. Tamén podes encontrar en youtube moitos vídeos explicativos que de seguro serán moi útiles.
- Non esquezas estudiar ben os verbos irregulares.
- Podes facer os exercicios adxuntos a esta páxina. Tamén podes volver facer tódolos exercicios que fixemos ao longo do curso, tanto durante o tempo de clases presenciais como despois, tapando as respostas e despois corrixíndote a ti mesmo. Para mais práctica podes utilizar a páxina de Burlington, (https://webbook.burlingtonbooks.com/Login), utilizando o código de acceso que recibiches durante os meses de clase dende casa.
- O exame, por limitación de tempo, soamente constará dunha proba de lectura e exercicios de gramática e vocabulario
-No segundo arquivo de summer -homework-1 consolidation podedes facer as unidades 1, 2, 3, 4, 5 e 6, dixando a 7,8 e 9 para facelas a principio de novo curso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SEPT 1ºESO INGLES. Indicaciones + ejercicios de repaso.pdf | 3.12 MB |
SUMMER-HOMEWORK-1-ESO-CONSOLIDATION.pdf | 1.48 MB |