Un pouco de astronomía
Enviado por profe o Mar, 24/03/2020 - 18:12
Deixámovos unhas webs con distintos proxectos e xogos de astronomía:
- HEAVENS ABOVE: https://www.heavens-above.com/ É unha páxina xa antiga onde, despois de localizar a nosa posición na Terra, podemos ver o ceo do momento, coas estrelas e planetas que se ven nesa noite, e as horas polas que a ISS (Estación Espacial Internacional) pasará por riba das nosas cabezas. Tamén ten unha App Android para o mobil
- ZOONIVERSE: https://www.zooniverse.org/projects Nesta web hai moitísimos proxectos, non so de astronomía, tamén moitos de bioloxía, animais, historia... para axudar dende os nosos ordenadores aos científicos a ver imaxes e recoñecer, gracias ao desenrolado sentido da vista do ser humano, patróns e obxectos que aos ordenadores lles custa clasificar. Podes create unha conta, e así se acumulan as túas observacións, ou facelo sin mais. Ao mellor descubres un novo planeta extrasolar, ou unha nova especia na Amazonía!
- ASTRONOMÍA PARA NIÑOS Y NIÑAS: http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2000/astronomia/chicos/ A pesar do título, ten información para todos os públicos, e xogos.
- CEOS GALEGOS: https://ceosgalegos.com/ páxina feita en Galicia, con imaxes do noso ceo feitas por astrónomos e fotógrafos aficcionados, con explicación científica do que aparece.
- COSMOS: A mítica serie de Carl Sagan de astronomía, con todos os capítulos en castelá.