Durante a semana do 18 ao 22 de novembro desenvolveranse no IES de Barro unha serie de charlas e obradoiros sobre a toponimia de Galicia. En particular, as charlas serán as que seguen:
Para 1 Eso: Valentina Formoso Gosende (Ribademar-Outes), licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica, doutorouse coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas. Profesora na actualidade de lingua galega, literatura galega e portugués no ensino secundario.
Vai a presentar o relatorio: "Nomes para sempre"
Para 2° ESO: Xoán Carlos García Porral é docente investigador escritor e antropólogo e vai a presentar o relatorio : "A paisaxe lendaria e a toponimia do Concello de Silleda"
Para 3 e 4 da ESO: Vicente Feijoo Ares (Riós, Ourense), licenciado en filoloxía galego-portuguesa, é o responsable e coordinador da Unidade Técnica de Toponimia Seminario de Onomástica de Toponimia no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG). Vai a presentar o relatorio:Galicia Nomeada: un recurso dixital para salvagardar, difundir e investigar a toponimia galega.