Esquema de temas

  • Esquema del curso: Arte gótica
    1º tema: arquitectura
    2º tema: escultura
    3º tema: pintura


    Catedral de Notre Dame (París)
  • Tema 1

    ARQUITECTURA GÓTICA

    -Principais edificacións (todas nas cidades): palacios para o patriciado, lonxas para os comerciantes, concellos para o goberno da cidade e, sobre todo, catedrais.

    -Características dunha catedral gótica:

    -Planta de cruz latina como no Románico pero ca cabeceira moito máis ancha e con forma poligonal, e transepto que apenas sobresae.

    -Uso do arco apuntado ou oxival, o que permite elevar a altura do edificio.

    -Uso da bóveda de cruzaría, na que o peso non descansa sobre o muro, senón sobre piares no interior do edificio e arcobotantes e contrafortes no exterior. O muro case desaparece, sendo sustituído por vidreiras.

    -Abundancia de elementos decorativos: agullas, pináculos, gabletes, rosetóns, vidreiras, gárgolas.

    -En consecuencia: edificios moito máis altos, luminosos e decorados que no Románico.

    Vocabulario:

    -Catedral: igrexa onde ten a súa sé a cátedra do bispo ou arcebispo, polo que é a máis importante da diócese ou archidiócese.

    -Arco apuntado ou oxival: arco alto e lixeiro con forma de punta de frecha (ou de oxiva).

    -Bóveda de cruzaría: bóveda formada polo cruzamento de dous arcos oxivais e reforzada con nervios que se cruzan.

    -Arcobotante: segmento de arco que se apoia no contraforte e no arranque da bóveda da nave central, para contrarrestar o empuxe desta.

    -Vidreira: composicións feitas con vidros de cores cas que se adornan as fiestras das igrexas góticas.

    -Rosetón: fiestra circular decorada con vidreiras que se situaba nas portadas das igrexas góticas.

    -Pináculo: torreciña de forma piramidal que remata os contrafortes ou os arcobotantes.

    -Frecha, agulla ou chapitel: pirámide que remata as torres e, as veces, os cruceiros.

    -Gablete: frontón triangular decorativo.

    -Gárgola: parte saínte, en forma de animal ou monstro, que remata os desaugadoiros dos tellados.












    Arquitectura gótica
  • Tema 2

    ESCULTURA GÓTICA

    -Lugares de aplicación: portadas, capiteis, tallas, retablos, sepulcros, púlpitos (Italia), gárgolas.

    -Temas: fundamentalmente relixiosos (especialmente a Virxe co Neno e o Cristo crucificado). Tamén: retratos (escultura funeraria), seres fantásticos (gárgolas).

    -Preténdese reflectir a realidade tal e como é (realismo), polo que dótase de movemento ás figuras e dun volume que non existía no Románico.

    -Interese por expresar sentimentos: alegría, tristeza, dor etc. O Cristo crucificado sofre, e a Virxe, contenta, xoga co seu fillo.

    Vocabulario:

    -Retablo: estrutura normalmente de madeira onde se sitúan estatuas, relevos ou pinturas e que serve para decorar un altar.


  • Tema 3

    PINTURA GÓTICA

    -Lugares de aplicación: táboas (ás veces dípticos, trípticos ou polípticos), retablos, miniaturas, frescos (Italia).

    -Temas: fundamentalmente relixiosos. Tamén: aparición dos retratos.

    -Características: busca do realismo e o movemento das figuras, riqueza de cores, uso do dourado, introdución de paisaxes de fondo, aparición do interese pola representación da profundidade e dos efectos da luz.

    Vocabulario:

    -Díptico: conxunto articulado de dous táboas

    -Tríptico: conxunto articulado de tres táboas

    -Políptico: conxunto articulado de máis de tres táboas