Novas
Estrea da ópera "Más allá de los filtros"
A compañía Barraleiros estreou o 12 de xuño de 2024 "Más allá de los filtros"
Os alumnos de 2.º da ESO A do centro levaron todo o curso 2023-24 traballando nun proxecto educativo moi ambicioso chamado LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). Esta iniciativa está impulsada polo Teatro Real e consiste en facer unha ópera de xeito cooperativo. A representación estreouse o 12 de xuño no auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. Realizousee unha representación para alumnado pola mañá e outra para familias e comunidade educativa ás 18:00 horas. LÓVA é unha actividade na que todos os alumnos traballan para facer unha ópera. Están divididos por profesións nas que cada un ten que facer unha tarefa determinada. Estas son: produción, rexedoría, comunicación, interpretación, iluminación, composición, caracterización, vestiario e escenografía. A compañía, que leva por nome Os Barraleiros, traballou todo o curso 23-24 neste proxecto. Realizaron retos colectivos para coñecerse mellor, elixindo o tema da ópera e a estrutura da historia, así como as características e personalidade dos personaxes, o que non foi unha tarefa doada. Tamén tiveron charlas con profesionais do mundo da ópera que os axudaron a elixir as profesións. O tema que centrou a ópera é «Aparentar ser o que non es». Escolleron este tema porque cren que na sociedade de hoxe en día hai persoas que non se mostran como son de verdade por medo a non ser aceptadas e a ser xulgadas. Durante o proceso os alumnos e alumnas aprenderon a convivir e traballar en equipo, organizarse, tomar decisións de xeito colectivo e coñecerse mellor. LÓVA non é só unha ópera, senón un xeito de facer voar a súa imaxinación. Os alumnos e alumnas presentaron este proxecto nunha reunión ás súas familias o luns 11 de marzo de 2024. Tamén asistiu o concelleiro de educación de Ponteareas, Ricardo González Alonso. Ademais, o día 15 de marzo unha representación de alumnos foron a Madrid a unha reunión de compañías LÓVA. Alí crearon o seu stand e intercambiaron experiencias con outros alumnos e alumnas. Ao final da feira déronlles unhas caixas que contiñan instrumentos musicais e ferramentas que gañaron nun concurso. O proxecto contou co apoio do Teatro Real de Madrid, o IES do Barral, a Consellería de Educación e o Concello de Ponteareas, así como coa implicación das familias. Noticia elaborada pola equipo de Comunicación de LÓVA Máis información na revista A Barralista: https://sites.google.com/iesdobarral.com/barralistalova/inicio Noticia publicada no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/bisbarras/2024/05/18/aparentar-o-non-traves-da-102545899.html |
|
Visita da escritora Ana Alonso
O xoves 15 de marzo de 2018 a escritora Ana Alonso visitou o instituto para compartir co alumnado de 1º de ESO impresións sobre o seu labor como escritora. En particular, centrouse en "Marea negra", unha historia centrada en valores como a importancia do coidado do medio ambiente.
O encontro convertiuse nun momento máxico e emocionante para todos. Tras comentar o desastre ecolóxico do Prestige, tan presente na obra, Ana Alonso cedeu o protagonismo ás experiencias do alumnado sobre este tema. Creóu un ambiente axeitado para que aflorasen moitas sensacións e vivencias fronte a un desastre medioambiental que o alumnado quixo compartir.
Ana prestouse a adicar varios exemplares.
Despediuse coa promesa de seguir recibindo as historias que o noso alumnado quixera compartir con ela, quizá para unha nova novela...
Ofrecémosvos unhas imaxes do encontro
Visita Fernando Lalana
O día 30 de Marzo de 2017 estivo no IES do Barral o escritor Fernando Lalana. Estas son unhas imaxes da súa visita ao noso centro
VII concurso de relatos IES do Barral
|
Unha vez mais, e xa son sete, celebramos o concurso de relatos no IES do Barral, anímate a formar parte da nosa "parede da fama literaria"
Consula AQUÍ as bases do concurso.
Este curso académico contaremos coa presenza do escritor F. Lalana, o cal charlará co alumnado sobre a súa actividade literaria, asinará as súas obras e nos acompañará na entrega de premios aos galardonados deste curso.
|
VI CONCURSO DE RELATOS
BASES DEL VI CONCURSO DE RELATOS I.E.S. DE PONTEAREAS
El Departamento de Lengua Castellana y Literatura del I.E.S. De Ponteareas convoca el VI Concurso de Relatos.
1. Participantes: podrá participar todo el alumnado matriculado en el curso 2015-2016 en el I.E.S. De Ponteareas.
2. Categorías: A) 1º y 2º de E.S.O.
B) 3º y 4º de E.S.O. y F.P.B I y II
3. Presentación: Serán relatos originales e inéditos, de tema libre, con una extensión mínima de una página y máxima de cuatro, en folios Din A4 escritos con letra Arial (tamaño 12) con interlineado a doble espacio.
Los trabajos serán entregados en un sobre grande cerrado, donde figurará el pseudónimo elegido y el curso. En el interior del sobre se incluirá otro más pequeño, también cerrado, con el nombre, apellidos y curso del participante. Habrá sobres a vuestra disposición para tal fin en conserjería.
No se admitirán trabajos que no se ajusten al formato y al plazo establecido.
4. Plazo: Los relatos deberán ser entregados antes del 5 de MAYO en conserjería.
5. Premios: Diplomas acreditativos, libros y material escolar (material de escritura, almacenamiento de datos...).
6. Entrega de premios: La entrega de diplomas y premios a los ganadores del Primer Premio y al Accésit de cada una de las categorías tendrá lugar el 26 de MAYO.
V concurso de relatos IES de Ponteareas
Deixo o vídeo do obradoiro de teatro realizado por Xurxo Troncoso e da entrega de premios do V Concurso de relatos do IES de Ponteareas. Moi bo traballo, rapazas e rapaces: é todo un orgullo traballar para e con vós.
Ampliamos el plazo para presentar los trabajos a concurso hasta el día
25 de marzo.