Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Bolsas e axudas

Listaxe de admitidos e excluidos da axuda para material escolar 2024-25

A partires do día 11 de xullo están publicadas as listaxes provisionais de axudas material escolar para o curso 2024/25, tanto de admitidos como excluídos.

Segundo a Orde do 7 de maio de 2024 (DOG nº 96 do 20/05/24), as solicitudes que teñan deficiencias ou que carezan de documentación, a persoa solicitante poderá emendar as ditas deficiencias ou remitir os documentos preceptivos no prazo de dez (10) días hábiles dende a data da publicación das listaxes (dende o 12 ao 26 de xullo, ambos inclusive).

As persoas que nas listaxes saian admitidas poderán recoller o cheque material escolar a partir do 11 de xullo. En caso de que a/o solicitante non poida vir recollelo, a persoa que o veña recoller deberá traer unha autorización asinada pola persona solicitante.

As listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios do IES do Barral. Tamén poderán consultar o estado da súa solicitude na aplicación fondos libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) accedendo a través da chave 365, certificado dixital ou conta de usuario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Distribuir contido