Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Exames de certificación Camões Júnior

 

O próximo martes 18 de abril celebrarase no IES do Barral a aplicación dos exames de certificación de portugués. Por primeira vez o Instituto Camões, institución homologada para a aplicación destas probas, en colaboración co Departamento de Portugués do noso Instituto, vai levar a cabo estes exames, onde 15 alumnos e alumnas de portugués serán examinados por especialistas. A proba desenvolverase nas instalacións do noso instituto e para obter toda a información detallada sobre o desenvolvemento desta poden consultar o seguinte documento no enlace da dereita.

Desexamos toda a sorte para o noso alumnado!

  

 

Guia do exame