Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

As forzas da natureza

O catedrático de ensino secundario Enric Ripoll Mira, profesor de Física e Química no IES do Barral, ven de publicar un artigo na Revista Galega do Ensino que contén un conxunto de unidades didácticas con multitude de simulacións e xogos interactivos co obxectivo de facilitar a aprendizaxe activa do alumnado.    

Presentación Comando Igualdade

O mércores 20 de novembro de 2019 o equipo de igualdade e diversidade acudiu ao auditorio de Ponteareas á presentación do Comando Igualdade e da webserie SomosSEX, da asociación ASEIA. Compartimos e aprendimos doutras experiencias para inspirar o noso traballo.

A TVG transmite en directo a confección de alfombras florais dende o IES do Barral

O xoves 25 de abril DE 2019 o programa "A Revista", da TVG transmitiu en directo, dende a biblioteca do IES do Barral, unha demostración da confección de alfombras florais por parte dos nosos alumnos de 1º de ESO. Mediante distintas conexións, os nosos rapaces e rapazas amosaron como aprenden a seguir a tradición da vila, mantendo unha festa centenaria, a do Corpus de Ponteareas, que está declarada de Interese Turístico Internacional.

Nestes enlaces podedes ver as distintas conexións que se fixeron, sempre en directo, coa biblioteca do noso instituto.

1ª CONEXIÓN

2ª CONEXIÓN

3ª CONEXIÓN

IMAXES DO EVENTO

Ponte nas ondas

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! e o Concello de Ponteareas celebran unha nova edición das xornadas PONTE…A PORTU-GAL os días 25, 26 e 27 de abril, que pretenden consolidar as relacións culturais entre Galiza e Portugal.

Aqui podedes ver un video do acto celebrado o día 25 de abril de 2019

Segundo premio do concurso de fotografía do concello

 

 

A alumna do noso centro ITAHISA NAVARRO MUÑOZ, de 4º de ESO C, acadou o segundo premio do concurso de fotografía do concello de Ponteareas "Ponteareas e a saúde" coa súa creación "Saúde todo o ano", que amosamos aqui.

O xurado, formado por fotógrafos e fotógrafas profesionais, valorou aspectos como a proposta expresiva, a correción técnica e a capacidade de reflectir a temática do concurso.

O pasado sábado día 6 procedeuse á entrega de premios no salón de actos do concello. Parabens Itahisa!

 

O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O IES DO BARRAL

    

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde López, visitou o noso centro o 3 de abril de 2019.

Despois de percorrer as súas instalacións, o conselleiro impartiu unha clase sobre a situación actual da economía galega ao alumnado da materia de Economía de bacharelato.

Conde animou ao estudantado do instituto a ser constantes na súa formación e anticiparse á transformación dixital que está a vivir a industria

 

Erasmus+ 2018-2019

Estes son os alumnos do IES do Barral participantes no Erasmus+ no curso 2018-2019

Distribuir contido