FRANCÉS NO IES DO BARRAL
Vas comezar 1º de ESO e non sabes que lingua estranxeira escoller?
Xa estás no instituto e tampouco sabes que lingua estranxeira escoller?
No IES do Barral ofértanse: francés, inglés e portugués. Podes escollelas como 1ª ou como 2ª lingua.
Bota unha ollada a este vídeo feito polo noso alumnado para axudarche a decidir.
Portugués no Barral
O grupo de portugués de 1º da ESO do IES do Barral quere explicarlle aos futuros alunos e alunas do instituto que teñen a oportunidade de aprender portugués como primeira ou segunda língua ao longo do ensino secundario. Para isto montaron este vídeo onde podes ver como son as clases de portugués e que papel ten a lingua portuguesa no mundo
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS
CONCURSO DE CURTAMETRAXES
EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS
O Departamento de Matemáticas do IES do Barral desenvolveu a nivel de centro o concurso "Explicoche Matemáticas" convocado pola USC. O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes breves nas que se explique en galego un concepto matemático.
GAÑADORES 1º PREMIO 2º PREMIO Alba Rivas Bernárdez Ainhoa Arriola Pérez
1º Bacharelato A Pedro Martínez Martínez
Darío Pérez Paz
4º ESO A e B |
Proxecto "EMBARCÁMONOS CONTRA O CORONAVIRUS"
Durante o periodo de confinamento, o alumnado de 1º ESO realizou un proxecto interdisciplinar sobre a viaxe da expedición Balmis, que en 1803 levou por todo o mundo a vacina contra a varíola. Despois dun intenso traballo de tres meses e como colofón deste, amosamos o video feito coas intervencións de alumnado participante neste proxecto desenvolvido neste estraño e apaixonante período.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »