Topic
Albums encantados
Comezamos unha aventura: un novo club de lectura de alumnado do noso instituto e do CEIP Ramiro Sabell. Fixémolles unha visita o non nos puideron recibir mellor! Grazas @bibliolunares pola acollida, polas ideas, pola ilusión e polas risas. Marchamos para o instituto cheas de enerxía e con ganas de vernos pronto. Marchamos felices co nome que acordamos para o noso club: os albums encantados. @bibliobarral e @bibliolunares soñando xuntas!! Porque compartindo lecturas compartimos vida, medos, soños risas... Facemos Tribo. |
Toxo e Chorima acadaron premio.
Os nosos Toxo e Chorima acadaron premio!!! Estivemos en Santiago para recollelo e contar como o fixemos todos e todas da man: profes, alumnado de moitos cursos e familias. E que mellor premio para compartir que o lote de libros que trouxemos e que estarán á vosa disposición na biblioteca. Grazas a Igaciencia pola convocatoria e grazas a todos e a todas pola vosa participación e por demostrar que xuntas sempre sumamos máis!! |
Programa Concurso Tal Semente
Televisión de Galicia busca alumnos de entre 2º e 4º da ESO para participar no concurso "Tal Semente" presentado por Esther Estévez do "Digocho Eu"
“Tal Semente” é un concurso cultural coa dinámica de preguntas e repostas para xogar en parella, entre un adulto e un mozo de entre 2º e 4º da ESO cunha relación de parentesco entre eles. Un emocionante concurso que promove a aprendizaxe en familia e a diversión mentres se pon á proba o coñecemento nunha variedade de temas: ciencias, sociais, lingua… O nivel das preguntas están adaptadas aos rapaces e aos temarios que dan en clase.
No xogo compiten tres párellas que irán acumulando puntos ao longo do programa. Haberá premios en metálico para as dúas parellas con máis puntos en cada programa. 200€ para a primeira parella gañadora e 100€ para a segunda. De bote serán 200€ cada programa.
Como participar?
Moi sinxelo!! Enviade a través do WhatsApp (do adulto) un vídeo de presentación dun minuto aproximadamente, onde cada un presente ao outro contándonos porqué queredes participar. Ademáis tedes que falar da relación que vos une, indicar as vosas idades, de onde sodes…, as vosas afeccións, que asignatura é a preferida dun e doutro, algún chiste…
Para rexistrarvos ou obter máis información, contactade connosco por whatsapp no número 682 183 407 ou no enderezo electrónico tal.semente@crtvg.gal
Deixámosvos unha ligazon do programa para que lle poidades botar un ollo: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/tal-semente-16-6332555
Agradeceríamos que lle fixérades chegar a informacións ás respectivas Anpas.
Esperámosvos con ansias para este desafío cheo de diversión e aprendizaxe!
Resolución axudas acreditación lingüística
Fíxose pública a resolución coas axudas para facer os exames de acreditación lingüística de inglés e portugués e SÓ se lle concede ao alumnado de 2º BACHARELATO.
Datas do exame de inglés:
28 de febreiro Reading / writing de 16h a 18h
27 ou 29 (aínda por confirmar cal dos dous) Speaking / listening a partir das 15h
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »