Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Blogue

AMOR E POESÍA

O 14 de febreiro imos celebrar o Día dos Namorados coas seguintes actividades:

<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

O CORREO DO AMOR

AMOR E POESÍA

I CONCURSO DE LEMAS NORMALIZADORES

 A comezos de curso realizouse entre o alumnado unha enquisa para coñecer os seus hábitos lingüísticos e desta saíron varios datos preocupantes para a nosa lingua. Por un lado, constatouse que o número de alumnos/as galegofalantes baixou e, por outro, que hai unha porcentaxe do alumnado que fala galego na casa e cambia de lingua no instituto.

RECURSOS NA REDE EN GALEGO

 

1.-Correctores ortográficos:

RECURSOS NA REDE EN GALEGO

O APALPADOR

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

www.apalpador.com

O APALPADOR

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O 21 de decembro entregáronse na biblioteca os premios do concurso de Postais de Nadal en Lingua Galega:

-"Mellor deseño": Alba Sestelo (1º ESO A)

-"Mellor texto en lingua galega": Sergio Ocampo (1º ESO A)

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU NESTE CONCURSO

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL EN LINGUA GALEGA

 

A postal máis votada polo xurado na modalidade de "Mellor texto en lingua galega" foi:

Número 27: Sergio Ocampo González (1º ESO A)

NORABOA!!!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL EN LINGUA GALEGA

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL EN LINGUA GALEGA

 

A postal máis votada polo xurado, integrado por representantes do profesorado, alumnado e persoal non docente,na modalidade de "Mellor deseño", foi a seguinte:

Número 13: Alba Sestelo Pregal (1º ESO A)

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL EN LINGUA GALEGA

Castelao cumpre 125 anos

 

 Este domingo, 30 de xaneiro de 2011, Castelao, a figura máis relevante da Galiza do século XX, cumpre 125 anos.

Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Nel reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político.

 "Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte."

"A nosa lingua vive porque aínda temos moito que dicir nela."

"Ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego. Se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma."

(Castelao)




  • Para afondar na súa vida e na súa obra:
  • Para rir un pouco:

http://www.tubegold.pl/video/jDLrQOpE4is/

Para que serve o galego?

 

En principio, todas as linguas serven para comunicarse. E o galego tamén. Pero aínda hai quen se pregunta para que serve o galego, como se iso non fose suficiente.

Clica no seguinte enlace:

 http://www.youtube.com/watch?v=YBRTng-mSOE&feature=player_detailpage

 

Distribuir contido