Dorothé Na Vila (Trailer)
Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país. ENGLISH: Swiss musicologist Dorothé Schubarth came to Galicia in the late 1970s in search of the ancient songs that had already disappeared in central Europe. From her search came the 300 hours of recordings that make up what is considered to be a “Bible” of oral tradition: the Galician Popular Songbook, one of the largest compilations of traditional music in Spain. Forty years later, two young filmmakers set out on a journey in the footsteps of Schubarth to find the voices she collected and discover their life stories. Comentario das autoras: "Durante os últimos dous anos fomos aos lugares que visitou Dorothé Schubarth para descubrir que queda dese mundo que ela recolleu no Cancioneiro Popular Galego. Queriamos atopar as caras detrás daquelas voces, coñecer as súas historias de vida e de paso devolver as gravacións de Dorothé á súa orixe. Na nosa busca demos con persoas marabillosas, como Victorina de Vilar de Parada, a muller que lideraba as “fouliadas” no seu lugar e que rexuveneceu cando lle puxemos unha pandeireta na man. As netas de Castro, en Louzarela, non sabían que os seus avós cantaban ata que chegamos por alí. Na Paínza atopamos a Jesusa, que recorda as súas cántigas con tanta claridade como hai corenta anos. Estas son algunhas das historias que compoñen Dorothé na Vila, o documental que dá conta da nosa viaxe, narrada en primeira persoa ca intención de transmitir todo o que nos pasou nese tempo: as sorpresas, as alegrías, as tristuras, as dificultades… Todo isto sen esquecer que as protagonistas desta historia son as informantes, as súas familias e a propia Dorothé." Idea e Guión: Alejandro Gándara e Olaia Tubío Dirección e produción executiva: Alejandro Gándara Fotografía: Rubén Gasalla e Olaia Tubío Son directo: Alejandro Gándara e Cristian Pineda Son estudo: Reyes Abad, Manuel Fidalgo, Chus Silva