9. Completa seguindo o modelo:

Caligrafía: καλός "fermoso" + γραφία "escritura" = escritura fermosa

Homeopatía: ὁμοῖος "igual, semellante" + πάθος "enfermidade" = a homeopatía consite en combater unha enfermidade usando as mesmas substancias que a causan, pero nunhas cantidades ínfimas. 

Aristocracia: ἄριστος "excelente" + κράτος "poder" = na antigüidade era unha forma de goberno na que o poder político estaba en mans dos mellores. Este termo pasou a denominar á clase social dos nobres.

Hierático: ἱερός "sagrado" = aplícase a esculturas, pinturas... que mostran solemnidade (non teñen por que estar relacionadas co sagrado e coa relixión).

Last modified: Thursday, 21 November 2024, 8:02 PM