8. Escribe o significado e tres helenismos dos seguintes adxectivos.

ἴσος: igual 

Isósceles: triángulo que ten os ten dous lados e dous ángulos iguais.

Isobara: nun mapa meteorolóxico, liña imaxinaria que une lugares coa mesma presión atmosférica.

Isoglosa: nun mapa, liña imaxinaria que une os puntos en que se produce un mesmo fenómeno lingüístico.

Isotérmico: que mantén a mesma temperatura, é dicir, a temperatura inicial.

Isomorfo: etimoloxicamente significa que ten a mesma forma. En física e química aplícase a un corpo que ten a mesma estrutura molecular.

 

κακός: mal

Cacofonía: falta de harmonía na combinación de palabras e de sons.

Cacografía: mala escritura; escritura que non respecta as normas da ortografía.

Cacología: expresión que, sen ser incorrecta gramaticalmente, atenta contra a lóxica ou carece de sentido.

μακρός: grande

Macroeconomía: estudo da economía a gran escala (é dicir, tendo en conta as importancións, as exportacións...).

Macrocefalia: alteración que implica ter a cabeza moi grande.

Macrocéfalo: aplícase a unha persoa ou animal que ten a cabeza demasiado grande.

Macroconcerto: concerto ao que acude un público multitudinario.

Macromolécula: molécula de gran tamaño.

Macroestrutura: gran estrutura na que engloba outras menores. Ex. a macroestrutura dunha urbanización.

σοφός: sabio

Filósofo: etimoloxicamente, persoa que ama a sabiduría.

Filosofía: etimoloxicamente, amor pola sabiduría.

Teosofía: doctrina relixiosa na que os seus adeptos cren ter unha relación moi directa con Deus.

Teósofo: persoa que supostamente sabe moitas cousas sobre deus por ter unha relación moi directa con el.

Sofía: nome propio que significa "sabiduría".

Sófocles: nome propio que significa "o que ten fama de sabio".

Sofista: na antiga Grecia eran uns filósofos que usaban o razoamento e a elocuencia para explicar o mundo. Eran tan elocuentes que presentaban falacias baixo a apariencia de verdades.

Sofisma: argumento empregado para defender o que é falso.

ὀλίγος: pouco

Oligopolio: termo empregado en economía para indicar que unhas poucas empresas controlan o mercado. 

Oligofrenia: enfermidade que implica ter poucas facultades mentais.

Oligarquía: forma de goberno onde o poder reside en mans de poucas persoas, dun grupo minoritario de persoas que normalmente pertence á aristocracia.

Oligoelemento: elemento químico que en moi pequenas cantidades é esencial para as funcións vitais.

Oligoceno: nome que se lla dá a unha época da terra onde houbo poucas formas de vida novas.

φίλος: querido

Filósofo: etimoloxicamente, persoa que ama a sabiduría.

Filosofía: etimoloxicamente, amor pola sabiduría.

Filólogo: amante da palabra.

Filoloxía: amor pola palabra.

Filia: afición ou amor por algo.

Filántropo: persoa que sente amor polo resto de semellantes e que leva a cabo accións que redundan no ben da comunidade.

Filatélico: persoa que ama coleccionar selos.

Filatelia: afición a coleccionar selos.

μικρός: pequeno

Microbio: ser vivo de diminuto tamaño.

Microbiota: conxunto de organismos de tamaño diminuto que residen noutro organismo.

Microscópico: aplícase a un organismo de tamaño moi pequeno que só se pode ver mediante o microscopio.

Microscopio: aparello que permite ver organismos moi pequenos, que son imperceptibles a simpl vista.

Micra: unidade de lonxitude equivalente a unha millonésima parte do metro.

Microcefalia: alteración que implica ter a cabeza moi pequena.

Microcéfalo: aplícase a unha persoa ou animal que ten a cabeza demasiado pequena.

Last modified: Thursday, 21 November 2024, 7:47 PM