Páx. 45, exerc. 6
Escribe o significado e enumera tres helenismos das seguintes palabras:
βίος (vida) > bio-
Biografía: escrito que recolle a vida dunha persoa.
Autobiografía: escrito no que unha persoa conta a súa propia vida.
Bioloxía: ciencia que estuda os seres vivos.
Biólogo: científico que estuda os seres vivos.
Microbio: organismo moi pequeno, só visible co microscopio.
Aerobia: aplícase a unha actividade na que se produce oxíxeno. / Aplícase a un ser vivo que precisa oxíxeno para vivir.
Biodegradable: aplícase a unha materia que pode ser degradada por seres vivos.
ἄνθρωπος (home, humano) > antropo- / antrop-
Antropología: estudo de certas cuestións do ser humano (cultura, sociedade...).
Antropólogo: estudoso de certas cuestións do ser humano (cultura, sociedade...).
Antropomorfo: que ten forma de home.
Antropocentrismo: teoría que sitúa ao home no centro do universo.
Antropófago: aplícase a unha persoa que come carne humana.
Antrópico: aplícase a algo producido ou modificado pola actividade humana.
ἵππος (cabalo) > hipo- / hip-
Hípica: deportes que xiran en torno ao cabalo (carreiras, saltos de obstáculos...).
Hipismo: coñecementos sobre a cría e educación dos cabalos.
Hipopótamo: etimoloxicamente é un cabalo de río.
Hipódromo: lugar destinado ás carreiras de cabalos.
νόμος (lei, norma) > nomo- / -nomía
Autónomo: persoa que no traballo ten as súas propias normas traballa por contra propia.
Agrónomo: persoa que coñece as leis do campo.
Autonomía: territorio que ten os seus propios órganos de goberno.
Astronomía: ciencia que estuda as leis que rexen o movemento dos astros.
Economía: etimoloxicamente significa as leis que rexen a administración da casa. Agora fai referenza á administración de todo tipo de bens.
Biblioteconomía: disciplina que se ocupa das normas para clasificar e organizar os libros.
φίλος (amigo, querido) > filo-
Filólogo: persoa que ama as letras.
Filósofo: persoa que ama a sabiduría.
Filia: amor ou atracción por algo.
Filántropo: persoa que ama ao ser humano.
Filatelia: persoa que ama os selos e os colecciona.
χρόνος (tempo) > crono- / cron-
Cronómetro: aparello que mide o tempo con gran precisión.
Cronoloxía: ciencia que determina as datas dos feitos históricos.
Cronografía: descrición de personaxes e sucesos tendo en conta o pregreso temporal dos mesmos.
Crónico: aplícase a unha enfermidade que se estende no tempo.
Crónica: artículo periodístico que narra de forma secuencial feitos de actualidade.