Páx. 43, exerc. 5
Escribe o significado e enumera tres helenismos das seguintes palabras:
γῆ (terra) > xeo- (cast. geo-)
Xeografía: ciencia que se ocupa de describir a terra.
Xeoloxía: estudo da formación e evolución da terra.
Xeoda: cavidade rochosa na que xorden cristais.
Xeocentrismo: teoría que considera que a terra como o centro do universo.
Xeocéntrico: que ten a terra como centro; que defende o xeocentrismo.
Xeotermia: estudo que considera o centro da terra como fonte de enerxía.
Apoxeo: punto máis separado do centro da terra.
Perixeo: punto dun astro ou satélite máis próximo á terra.
ψυχή (mente) > psic- / psiqu-
Psicólogo: profesional que estuda a mente e a conducta das persoas.
Psicoloxía: estudo da mente e da conducta das persoas.
Psicolóxico: relativo á mente.
Psique: mente ou alma.
Psiquiatría: ciencia que estuda as enfermedades mentais.
Psiquiatra: médico que atende as enfermedades mentais.
Psíquico: relativo á mente.
ἀρχή (principio, orixe / poder, autoridade) > arque- / arqu-
Arquetipo: o primeiro modelo dun obxecto.
Arquitecto: persoa coa que comeza calquera construción, pois é quen a deseña.
Arquitectura: arte de deseñar calquera construción. Alude, por tanto, ao primeiro paso para construír un edificio.
Anarquía: ausencia de poder.
Autarquía: poder para autoabastecerse a valerse por un mesmo.
Diarquía: goberno no que dous reis teñen o poder.
Oligarquía: goberno no que o poder está nas mans duns poucos.
γραφή (escritura, descrición) > graf-
Grafía: representación escrita dun son.
Caligrafía: escritura fermosa.
Cacografía: escritura que atenta contra as normas ortográficas.
Ágrafo: que non sabe escribir.
Dígrafo: secuencia de dúas letras que representan un son (-ll-, ch-, qu-).
Topografía: descrición da superficie dun terreo.
Orografía: descrición das montañas.
Xeografía: ciencia que se ocupa de describir a terra.