Avaliación e cualificación de Latín I como materia pendente
O alumnado que teña Latín I como materia pendente deberá facer en cada avaliación unhas actividades e unha proba escrita. As tarefas entregaranse obrigatoria e persoalmente á docente ata a data límite indicada para cada avaliación (o alumnado sempre terá esta información á súa disposición na aula virtual da materia).
Se se suspendese algunha das avaliacións, aprobarase a materia superando a proba escrita da 3ª avaliación, posto que Latín I é unha materia de avaliación continua. No caso de non superar a proba escrita da 3ª avaliación, poderanse recuperar os contidos de todo o curso na avaliación extraordinaria.
As probas escritas farán fincapé nos contidos lingüísticos (morfoloxía, sintaxe, tradución de oracións e/ou textos, léxico...) e conterán exercicios similares aos de entrega obrigatoria.
Posto que no XADE hai que introducir un número enteiro, practicarase o redondeo á alza a partir do 0.7. É dicir, un 5.7 constará no boletín como un 6; pero un 5.69 dará lugar a un 5.