A nota de cada unha das avaliacións obterase do seguinte xeito:

  • Probas escritas: 90%

Recórdese a puntuación destas probas:

Análise morfosintáctica e tradución dun texto e/ou responder en latín a cuestións sobre ese texto: ata 6 puntos. 

Proba de cuestións teóricas (ata 4 puntos):

  • Pregunta sobre literatura: ata 2 puntos.
  • Responder unha pregunta (cada unha de 1 punto)
    • sobre prefixos (derivación culta): identificar o prefixo de orixe latina en varias palabras e explicar de forma clara e completa que significado aporta ese prefixo no significado global desas palabras;
    • sobre expresións latinas: explicar o significado de varias expresións latinas e utilizalas en exemplos adecuados e ben construídos. 

  • Tarefas diarias e intervencións orais: 10%

O instrumento empregado será o rexistro no caderno da profesora.

A avaliación estará superada se a nota resultante da suma dos diversos procedementos é igual ou superior a un 5

A nota da avaliación final será o resultado da media ponderada das probas de morfosintaxe e tradución das tres avaliacións (a 1ª avaliación computará o 20%; a 2ª, o 35%; e a 3ª, o 45%), da media aritmética dos exercicios teóricos das tres avaliacións anteriores e do traballo diario.

Unha vez acadado o aprobado, no boletín sempre constará a nota redondeada á alza a partir do 0.7. Por exemplo, o/a estudante que alcance un 5.7 de media verá no seu boletín un 6. De non alcanzar o 0.7, aplicarase o truncamento matemático, por exemolo, un 5.69 pasará a ser un 5 no boletín.

Última modificación: jueves, 12 de septiembre de 2024, 11:32