AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
PROCEDEMENTOS E INTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
- Observación e revisión diaria e sistemática do traballo do alumnado: o instrumento empregado será un rexistro no que se tomará nota das tarefas realizadas na aula e na casa. Este rexistro forma parte do caderno do profesor, integrado polas fichas de cada un dos/as alumnos/as.
- Breve traballo de investigación realizado en parellas ou individualmente e presentado oralmente ante os/as compañeiros/as: o instrumento empregado será unha rúbrica. Este traballo e súa exposición non só serán avaliados pola docente, senón que se botará man da coavaliación ou avaliación por pares. O alumnado usará a mesma rúbrica que a profesora. A nota da profesora valerá o 60% e a dos/as compañeiros/as, o 40%.
- Unha ou dúas probas escritas por trimestre, que poderán incluír exercicios de morfosintaxe, tradución e retroversión; tradución de léxico latino ou de oracións feitas na clase (sen uso de glosario); responder en latín a preguntas sobre un texto; exercicios de evolución fonética e semántica... As probas serán puntuadas usando unha escala de valoración do 0 ao 10.
- Intervencións e intercambios orais: o instrumento usado será a observación directa. Deixaráse constancia de intervencións salientables na ficha do/a alumno/a.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN:
Na 1ª, 2ª e 3ª avaliación a nota obterase do seguinte xeito:
- Proba(s) escrita(s): 90%
- Tarefas diarias e intervencións orais: 10%
O trimestre estará superado se a nota resultante da suma dos diversos procedementos é igual ou superior a un 5. No caso de non alcanzalo, o/a estudante non aprobará a avaliación e deberá facer unha proba escrita a principios do trimestre seguinte.
Para a nota da avaliación ordinaria:
Farase a media ponderada dos resultados das probas escritas das tres avaliacións. Posto que os contidos lingüísticos son acumulativos e aumentan en dificultade, ponderaranse do seguinte xeito:
- Os da 1ª avaliación contarán o 20%.
- Os da 2ª avaliación contarán o 35%.
- Os da 3ª avaliación computarán o 45%.
O traballo diario e as intervencións orais das anteriores avaliacións valerán o 33.3% na avaliación ordinaria.
Estes elementos avaliables, que nas tres primeiras avaliacións contaban o 100% da nota, pasan agora a computar o 90%, pois durante o curso cada alumno/a fará un traballo de investigación e unha exposición oral do mesmo e súa nota gardarase para a avaliación ordinaria e valerá o 10%.
REDONDEO:
En canto aos criterios de redondeo, unha vez realizada a nota media, como o rexistro da nota numérica en XADE esixe o uso dun número enteiro, dita nota redondearase seguindo estas indicacións:
- Se a nota media obtida é un número enteiro, esa será a que conste no XADE.
- Se a nota media implica un número decimal, no XADE constará a nota redondeada á alza, unha vez alcanzado o 0.7. É dicir, o/a estudante que obteña un 5.7 verá no seu boletín un 6.
- Se o decimal é inferior a 0.7, no XADE aparecerá o enteiro inferior. Por exemplo, 5.69 recollerase como un 5. Aplicarase, deste xeito o truncamento matemático.