No s. II d.C., baixo o goberno do emperador Traxano, o imperio romano alcanzou a súa máxima extensión. 

No seguinte mapa pódense ver os territorios e as provincias que formaban parte do imperio.

Mapa del Imperio Romano: Máxima expansión siglo II d.C. | SocialHizo

No ano 395 d.C. o emperador Teodosio repartiu o imperio entre os seus dous fillos. A Honorio deixoulle o Imperio Romano de Occidente (que caeu ante os bárbaros no ano 476 d.C.) e a Arcadio, o Imperio Romano de Oriente (que caeu ante o imperio otomano no 1453). 

No seguinte mapa pódese ver a división territorial do imperio:

Nos territorios do Imperio Romano de Occidente a romanización (implantación da cultura e da lingua latinas) tivo gran relevancia e, como consecuencia, naceron as linguas romances.

Última modificación: sábado, 9 de setembro de 2023, 5:10 PM