1. O mito fundacional de Roma: Rómulo e Remo. A Eneida de Virxilio. → Noelia
    • Relatar o mito de Rómulo e Remo: de quen son fillos? Quen é seu avó? Que perigo corren ao pouco de nacer? A loba Luperca (explicación racional da súa participación na historia), Fáustulo, a fundación da cidade...
    • Como se relaciona a fundación de Roma coa historia e a caída de Troia? Eneas, Ascanio, Alba Longa.
    • Relación da Eneida de Virxilio cos contidos mencionados. Cal é a finalidade da Eneida? Quen a mandou escribir e por que? A que xénero literario pertence esta obra? Cales son as características deste xénero?
    • Breve presentación do poeta Virxilio.
    • Pervivencia do mito de Rómulo e Remo na cultura occidental (arte, literatura).
    • Influencia da Eneida sobre a literatura occidental.
  2. A monarquía romana: poderes do rei, o senado, o interregnum e o interrex. Os 7 reis. → Vladimir
    • A monarquía desde Rómulo a Tarquinio o Soberbio.
    • Características xerais deste tipo de goberno: funcións do rei, do senado, modo de elixir ao rei...
    • Datos esenciais sobre cada un dos reis (orixe, fitos, infraestruturas realizadas, carácter...).
    • Causas da caída da monarquía.
    • Podes ilustrar a exposición con algunha obra de arte (e.g. Morte de Lucrecia).
  1. A República. As maxistraturas, o Senado e as Asambleas.
  2. As guerras púnicas: causas, desenvolvemento e consecuencias.
  3. Caio Mario e as súas reformas do exército romano.
  4. Cicerón: vida política (a conxura de Catilina) e obras literarias.
  5. Xulio César. A conquista das Galias, a guerra civil, a súa obra literaria. → Daya
    • Presentación de Julio César: ¿En qué momento histórico vivió? ¿A qué gens pertenecía?
    • Sus implicaciones en la política del momento: ascenso político, triunvirato...
    • Importancia del poder adquirido durante su conquista de las Galias y del libro que escribió para contar estas hazañas, De bello Gallico.
    • Causas, breve desarrollo y consecuencias de su guerra civil contra Gneo Pompeyo. Alusión a su obra De bello civile.
    • Importancia de Julio César en la transición de la República al Imperio. Relación familiar de Julio César con el primer emperador romano.
  6. A dinastía Xulio-Claudia. Augusto, o primeiro emperador.
  7. Séneca o Mozo: as súas implicacións na política e na literatura romanas.
  8. Os cinco bos emperadores: Nerva, Traxano, Adriano, Antonino Pío e Marco Aurelio.
  9. O final do imperio: Diocleciano, a tetrarquía, Constantino, Teodosio. A chegada do cristianismo.
  10. As clases sociais (patricios, clientes, plebeos, escravos), os conflitos entre patricios e plebeos. Tipos de escravitude, dereitos e deberes dos cidadáns. → Xiana

    • Quen son os patricios? Cal é o seu papel na sociedade? A que se dedican?...
    • Que é un cliente na antiga Roma? Que relación manteñen co seu patrono? Importancia da salutatio matutina.
    • Características dos plebeos. 
    • Como se chegaba a ser escravo? Que tipos de traballo realizaba un escravo? Todos tiñan a mesma calidade de vida? Podían chegar a ser libres?
    • Que é un liberto? Como se adquire esta condición? Mencionar algún liberto relevante e comentar algo sobre el.
    • O conflito patricio-plebeo: causas (expansión, crise do s. II a.C...) e reformas (as reformas dos Graco).
    • Dereitos e deberes dun cidadán da antiga Roma.
  11. A relixión:

    • Como punto de partida pódense usar os contidos das páx. 209-213 do libro. Este tema é moi amplo e incluso se poderían facer varios traballos sobre estas temáticas.
    • Posibles puntos a tratar:
    • - Características xerais da relixión romana.
    • - Culto público: os sacerdotes (pontífice máximo, pontífices, flamines, vestais...).
    • Culto privado ou familiar: na familia, co pater familias como guía, rendíase culto aos lares, aos penates e aos manes.
  12. Divindades e festas → Ludmila
    • Dioses que forman el panteón romano y las divinidades propiamente romanas (por ejemplo: Vertumno, Pomona, Flora, Término, Fauno...).
    • Atributos, representación iconográfica de los principales dioses y diosas, ámbito de actuación...
    • Comentar varias fiestas religiosas (por ejemplo: las Saturnales, las Lupercalia, las Liberalia, las Parentalia...).
    • Puedes intentar establecer comparaciones con alguna fiesta de la antigua Roma y el mundo actual.
    • También podrías hablar del culto a los dioses orientales (Cibeles, Mitra, Isis).
  13. A mitoloxía: traballaríase sobre un mito concreto e despois indagaríase sobre a influencia e a pervivencia deste mito na arte
    • O ano pasado algúns dos mitos tratados foron:
      • a historia de Pasífae, o Minotauro, Dédalo e Ícaro (Patricia); 
      • Eco e Narciso (Naiala); Sálmacis e Hermafrodito; Xúpiter e as súas amantes (Ío, Europa e Sémele); o rapto de Proserpina; 
      • Apolo e Dafne (Carla);
      • Tereo, Procne e Filomela; Biblis e Cauno; Mirra e Cíniras; Píramo e Tisbe; Filemón y Baucis...
      • Outros mitos poderían ser o diluvio universal e Deucalión e Pirra (Saray);
      • os amores de Venus (a súa historia con Marte e con Adonis. Aroa);
      • Orfeo e Eurídice;
      • Edipo (Adrián);
      • a orixe mitolóxica da Osa Maior e da Vía Láctea (Silvia)...
      • Polifemo (a súa relación con Ulises, o seu namoramento de Galatea...) (Renán)
    • Estrutura recomendable das exposicións sobre mitoloxía:

      1. Que conta(n) o(s) mito(s) elixido(s)?

      2. Que autor latino ou en que obra latina aparece(n) ese(s) mito(s)?

      3. Eliximos varias obras de arte (cadros, esculturas...) que se inspirasen nese(s) mito(s). Poden ser obras da antigüidade (do mundo grecolatino), do Renacemento, do Barroco... ou de calquera outra época.

    • Se é posible, indicamos como ese mito influiu na sociedade occidental (por exemplo, que relación ten o adxectivo "narcisista" co mito de Narciso).
  14. A familia e o papel da muller: No punto 1.1 das páxinas 151 e 152 do libro de texto hai información útil sobre este tema. → Katia
    • Como se estruturaba unha familia na antiga Roma: gens e familia.
    • Que papel tiña o pater familias (papel relixioso, dereito de vida e morte...)?
    • Que consideración tiña a matrona romana?
    • Que era un fillo lexítimo? Que se facía cos fillos non lexítimos? Podes comentar os ritos que se facían para darlle a benvida a un neno á familia.
    • Que tipos de matrimonios había (cum manu, sine manu)?
    • Algunhas mulleres relevantes de Roma foron: Livia Drusila, Agripina a Maior.... 
  15. A educación. → Rafa
    • Información relevante nas pp. 152-153 do libro de texto.
    • Etapas educativas, nomes dos mestres, "materias" que se estudan en cada etapa, materiais empregados (taboíñas de cera, papiro...), espazo físico e mobiliario para estudar...
    • Importancia de Grecia nos estudos superiores.
    • Importancia da oratoria para desempeñar un papel relevante na vida pública e na sociedade.
    • Tirocinium fori, tirocinium militiae.
    • Tiñan as mulleres as mesmas oportunidades que os homes?
  16. Traballar sobre varias expresións procedentes do mundo antigo. (Alba)
    • Teriades que escoller varias expresións, falar da historia que lle deu orixe e, finalmente, explicar o uso actual que teñen esas expresións nas nosas linguas.
    • Expresións propostas: arder Troia, abrir a caixa de Pandora, cantos de sereas, vivir unha odisea (Isto é unha odisea), ser un caco, ser unha harpía, ser un adonis, ser un anfitrión, ser o talón de Aquiles, ser a mazá da discordia, ter complexo de Edipo, ter complexo de Fedra, estar entre Escila e Caribdis, crerse o ombligo do mundo, a música amansa as feras, armarse un tiberio.
  17. Calzadas, pontes, acueductos e arcos de triunfo: características e principais manifestacións en Hispania (usaranse como punto de partida as páx. do libro 81-82, 102, 126, 147-148)

  18. Os edificios dedicados ao ocio e as representacións que alí se realizaban: o circo (Circo Máximo), o teatro (o de Marcelo, o de Mérida...), o anfiteatro (especialmente o Coliseo) (véxanse as páx. 132 "Los edificios para el ocio", 188 e 204 do libro). → Ollie e Román

    • O circo: a infraestrutura e os espectáculos que alí se celebran.
    • O teatro: o edificio (que diferenza ten co grego?), as representacións (fabula togata, fabula palliata, mimo...)
    • O anfiteatro: o edificio e os espectáculos alí celebrados (tipos de gladiadores, naumaquias, loitas con feras...).
    • Se vedes que vos queda curto, tamén poderiades falar das termas: parte, termas de Caracalla...
  19. A vivenda romana: domus, villa e insula (véxanse as páx. 133-134 e 262 do libro). → Alba R.

    • A domus: características, as súas partes (atrium, compluvium, impluvium, larario, cubicula, peristilo...), mobiliario, decoración... Quen vivía nelas?
    • A villa: que é? Cal é a súa finalidade? O villicus. Partes da villa.
    • Características das insulae: altura, materiais de construción, problemas que teñen... Quen vivía nelas? Que hai nos seus baixos?...
  20. O foro romano: principais edificios, actividades que alí se realizaban. Comentar, como mínimo, os foros imperiais (Foro de César, Foro de Augusto, Foro de Nerva) e o Foro de Traxano. (Véxanse páx. 131-132: "Las edificaciones públicas: las construcciones religiosas, los edificios políticos y judiciales, los edificios para las actividades de tipo económico y comercial).

  21. A romanización de Hispania: conquista, división territorial, organización política, administrativa e social (véxanse as páx. 247-250 do libro de texto).

  22. Restos arqueolóxicos da romanización en Gallaecia: Lugo (muralla, casa de Mitreo, casa dos mosaicos, Santa Eulalia de Bóveda...); as Médulas e a actividade da minería; Vigo (vila romana de Toralla, salinas), ocampamento de Aquis Querquennis (Bande, Ourense), torre de Hércules (A Coruña)... 

  23. Manifestaciones artísticas romanas → Nico
    • Mosaicos: técnicas empregadas para realizalos. Onde se atopaban? Podes falar dos mosaicos de Itálica.
    • Pinturas: os catro estilos pompeianos (características).
    • Escultura: relevos e escultura de bulto redondo (características xerais, bustos, maiorum imagines, esculturas equestres...).
    • Comentario de obras máis concretas: os relevos da Ara Pacis, Augusto de Prima Porta, Constantino o Grande....
    • Véxanse estas páx. do libro 134-135 (a escultura, a pintura e o mosaico). 

Última modificación: luns, 23 de setembro de 2024, 5:11 PM