O RESÓN DAS CANTAREIRAS_Concurso Xunta Galicia_Información

O RESÓN DAS CANTAREIRAS_Concurso Xunta Galicia_Información

por Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respostas: 0

O título do traballo debe ser

"AS CANTAREIRAS: poesía popular e oral"

Que debemos elaborar?

10 carteis de 70 x 50 cm (cun número e un título)
Guía Didáctica Secundaria (máximo 32 páxinas)

Data máxima de entrega:

23 de xaneiro de 2024

Temática:

A homenaxe estará personificado en seis mulleres gallegas, creadoras e transmisoras de arte e beleza: Adolfina y Rosa Casás Rama (de Cerceda); Eva Castiñeira (de Muxía); e a Pandereteiras de Mens Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar. (de Malpica de Bergantiños).

A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, destaca a proposta. 

As cantareiras e pandereteiras aparecen nun contexto de traballo e axuda mutuos entre veciños e sociedade labrega, na que ao remate das tarefas celebrábanse con música e baile. A imaxe que se fixo icónica a finais do século XIX foi a do gaiteiro acompañado do tambor, relegando a estas mulleres á esfera privada e manténdoas no anonimato, malia compoñer e transmitir cancións populares.

Vídeo, entre outros (temos unha base de documentación xa na nosa Aula Virtual)

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-172-as-cantareiras-madia-leva-de-meis-4128585

CARTEIS (suxerencia):

1.- Contexto histórico finais do século XIX: A tradición oral. Como o galego mantívose ao longo dos séculos nas tarefas agrícolas, nas gandeiras, .... na música e na cultura en xeral. (3º e 4º ESO)
2.- Instrumentos tradicionais: Tipoloxías, características, ... (os de 1º están a investigalos). Ana Patricia pode debuxalos.
3.- Os lugares tradicionais da música: Festas populares, muíñadas, etc... (2º ESO)
4.-Tipoloxías musicais: fiado, espadelada, esfolladas, ... (2º ESO)
5.- Quen son as cantareiras ou pandeireteiras?
6.- Cantareiras de Bergantiños: nomes propios, pezas musicais (así de todas)
7.- Cantareiras de Muxía
8.- Cantareiras de Cerceda
9.- As cantareiras modernas: Tanxugueiras e Fillas de Casandra
10.- Poesía popular e oral (análise de letras)

Isto so é unha proposta, podemos cambiar o que consideremos. Poderiamos facer un cartel só de todas as cantareiras, mais sendo as protagonistas, pensamos que un cartel para cada unha estaría ben.

Cantos máis departamento participen mellor, segundo as bases do concurso.

Están implicados os rapaces de Proxecto Competencial de 1º a 4º ESO, EDLG e a Biblioteca.