Tarfas do MES DE OUTUBRO

Tarfas do MES DE OUTUBRO

por Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respostas: 0

Luns, 07 de outubro de 2024: Comezaremos coa construción do decorado do SAMAÍN (Deseño da Santa Compaña e da ponte das Ánimas de Gondomar). Trasladaremos todo o material e o prepararemos. (a metade da sesión de clase). Ao mesmo tempo, podemos repartir aos membros do grupo, haberá que rematar o cuestionario dos artigos sobre as CANTAREIRAS. 

Nota: Esta actividade podería cambiarse se conseguimos cita para a exposición sobre o liño que hai no local do IEM.

Luns, 14 de outubro de 2024: Na xornada de hoxe faremos a tarefa que quede pendente da semana pasada (Samaín ou exposición)

Luns, 21 de outubro de 2024: Temos que deixar rematado o material para a exposición do Samaín. Cada grupo elaborará unha sección do decorado.

Luns, 28 de outubro de 2024: Volveremos a aula de informática para elaborar as fichas sobre os artigos e os cuestionarios para a veciñanza sobre a música galega. Lembrade que poden ser dixitais ou en cartulinas. Unha parte da sesión ou parte do grupo iniciará a montaxe dos traballos do Samaín no patio central do IES para a exposición dos traballos dos concursos.