Luns, 16 de setembro de 2023: Presentación do curso e das profesoras. Entrega do programa do proxecto "O resón das cantareiras e pandeireteiras do Val Miñor". Formación de grupos. Usaremos informática e a biblioteca, según precisemos.
Luns, 23 de setembro de 2023: Preparación de carpetas individuais e carpetas de grupos. Elaboración de cuestionario inicial e cuestionario sobre os artigos das cantareiras para o alumnado de 1º e 2º ESO.
Luns, 30 de setembro de 2023: O alumnado de 4º ESO moverá os palés para a creación do PUNTO DE XOGOS do primeiro andar; colaborará na plantación das aromáticas na hora urbán que temos nese punto. Tanto 4º como 3º farán un xogo de FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECA, para un correcto uso dos fondos para o desenvolvemento do proxecto.