FdeVigo_"Pandeiretas e pandereteiras. A muller como voz da música tradicional" (Maruxa Gestoso)

FdeVigo_"Pandeiretas e pandereteiras. A muller como voz da música tradicional" (Maruxa Gestoso)

por Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respostas: 0

Maruxa Gestoso Álvarez - 31·03·22 | 04:01

Aconteceu unha fría noite dun sábado de xaneiro. Demasiado lonxe, con todo o que leva caído desde daquela; demasiado próximo como para telo esquecido. Nada menos que un 49,6% de audiencia do programa foi galego. Unha grande esperanza, seguida dun grande enfado. Tempo haberá de estudar o fenómeno; cumpriría comezar por unha reflexión sobre a necesidade urxente de referentes e modelos que falen e vivan na nosa lingua que, polo visto aqueles días, semella que a sociedade, en particular a xente nova, demanda. As Tanxugueiras lograron nesa noite espertar oídos e intereses que parecían adormecidos. Aida, Olaia e Sabela volverán facelo mañá no Auditorio Mar de Vigo. A música de “Terra”, da Terra nosa como expresión do noso ser colectivo; unha música popular que tivo e ten nome de muller.

LER A NOTICIA NO ARQUIVO ADXUNTO OU NO ENLACE