CRITERIOS AVALIACIÓN
Criterios de cualificación
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
1. Probas escritas (PE). (20%)
2. Táboas de indicadores (TI).
-Actividades e tarefas diarias (60%)
-Observación na aula (10%)
-ePortfolio (10%)
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DE ÍTEM CUALIFICABLE DUN INSTRUMENTO
• Cada apartado dun instrumento terá a súa rúbrica de valoración e cada ítem da mesma será puntuado según os seguintes criterios:
Ítens da rúbrica: EXCELENTE (100%), BEN (75%), SATISFACTORIO (50%), PRECISA MELLORAR (25%).
Entre paréntese indícase a porcentaxe da nota que se aplicaría.
• En cada proba escrita, práctica e/ou actividade pódeselle engadir criterios de calificación máis específicos dacordo cos contidos traballados.
• A orde, claridade e limpeza nas respostas é un aspecto importante que se pode ter en conta para na cualificación do ítem. Pode ser a diferenza entre unha calificación de excelente, ben ou satisfactorio.
• O alumno que non entregue tarefas diarias, ´poderá ver disminuida a sua nota final de avaliación en 0,2 por cada tarefa non entregada.
A CUALIFICACIÓN DE CADA AVALIACIÓN E FINAL OBTENSE DO SEGUINTE XEITO:
1. A cualificación dunha unidade (NU) vai ser a media ponderada das probas escritas con un peso do 20% e das táboas de indicadores o 80% restante. respondendo á seguinte fórmula: NU= 0.20*PE+(0,8TI)
2. A nota de cada unidade reescalarase a 10 se algún instrumento de avaliación non se aplicase.
3. A cualificación da avaliación vai ser o valor que se obtén da media aritmética simple de todas as unidades traballadas en dita avaliación.
4. A cualificación final do curso é a media das cualificación obtidas en cada avaliación.
5. Enténdese que se aproba o curso sempre que se obteña unha cualificación final igual ou superior a 5.