Tarefa semana do 25 ao 29 novembro: EXPOSICIÓN VIQUINGOS SANTIAGO (para os que van e para os que quedan)
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 24 de novembro de 2024, 12:00 AM
Pendente: domingo, 1 de decembro de 2024, 12:00 AM
NOTA IMPORTANTE: O alumnado que vai fará a tarefa en Santiago, o alumnado que queda debe facelo na casa e entregalo o xoves, 28 de novembro. Lembrade que esta semana 2º ESO B ten o "Taller de Orientación" na hora de Historia. Este traballo substituiría esa hora cedida.
ALUMNADO QUE VAI Á SAÍDA
Lembrade levar bolígrafo e unha libretiña para anotar. Se chove comeremos nun área comercial. En calquera caso, levade comida para a mañá, polo menos. Na Cidade da Cultura non hai onde mercar.
ALUMNADO QUE NON VAI Á SAÍDA
1.- Debedes ver o vídeo da exposición: ENLACE AO VÍDEO (Duración 1:58 minutos).
Hai unha aplicación móbil para seguir a exposición
2.- Lectura do folleto sobre a exposición (engadido debaixo)
3.- Completar a ficha de traballo. Podedes entregala pola Aula Virtual ou en papel.
- 24 de novembro de 2024, 11:46 PM
- 24 de novembro de 2024, 12:25 PM