Esquema de temas

  • INFORMACIÓN ACERCA DO PROCESO DE ACREDITACIÓN DIXITAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO

    Aquí podedes consultar a información dispoñible sobre o proceso de ACREDITACIÓN DIXITAL. Irase actualizando a información de ser necesario.

    Se superades a proba alcanzaredes o nivel intermedio no Marco Galego de Competencia Dixital (MGCD)

    O día que nos asignaron para a realización da proba no IES Auga da Laxe é o 31 de maio ás 11:00h.

    Vémonos na aula de informática! Comunicareivos en cal delas.

    • Aquí tedes o documento oficial da Xunta onde podedes ler moita información acerca do MGCD. Non hai que ler todo!!!
      Fixádevos na páxina 6 e na páxina 9:

      • Na sexta páxina xustifican por que é importante acadar a certificación en competencia dixital
      • Na oitava e novena páxinas indican de que tratan as "ÁREAS DE DOMINIO"

      Vos, alumnado de 4º ESO, debedes superar todas as áreas de dominio.

    • Neste arquivo recóllense as instrucións para o alumnado á hora de facer a proba de certificación. Lede con atención.
      A información que debemos ter ese día é:

      • Enlace de acceso á proba. Estará na AV. Poderedes acceder desde este curso, escribireino aquí.
      • DNI de cada participante
      • Contrasinal
      • PIN. O "pin" escribireino na pizarra o día da proba

      60 preguntas, 90 minutos

    • Cuestións e dúbidas frecuentes

    • O alumnado que estudou TIC no IES coñecerá esta web ca que temos traballado na aula.

      Hai recursos dispoñibles para estudar conceptos útiles para o día da proba. Podedes facer as actividades interactivas a modo de xogo ou consultar arquivos con boas prácticas e clasificacións de ameazas en internet:

      • "ciudadanía" - "formación y concienciación" - "actividades interactivas"
      • "ciudadanía" - "temáticas"
      • "menores" - "juegos"
      • etc...
    • Este manual ensina a configurar un router en casa seleccionando -entre varios parámetros- o nivel de seguridade axeitado (WPA2/AES; WPA3)

    • Este será o enlace de acceso á proba.

    • Este simulador levaravos a realizar un modelo de proba. Serán preguntas de similar natureza ás que teredes que superar o día 18 de abril.

      Como vos dixen na aula, é moi importante que practiquedes e collades soltura na realización da proba... Lamentablemente parece que non renova as preguntas e sempre faredes a mesma simulación. De todos os xeitos, pode ser que algunha de esas preguntas saia na proba real...

      Aparte do simulador, aí atoparedes información acerca do MGCD.

    • Esas son as preguntas da "área 4" que poden aparecer na proba do día 18. O resto son para 4º ESO.
      É unha pena que solo poñan 4...
      Comprobade que están correctas e a ver se cae algunha de esas.

  • INFORMACIÓN ACERCA DO PROCESO DE ACREDITACIÓN DIXITAL PARA O ALUMNADO DE 2º de BACHARELATO

    Aquí podedes consultar a información dispoñible sobre o proceso de ACREDITACIÓN DIXITAL. Irase actualizando a información de ser necesario.

    Se superades a proba alcanzaredes o nivel intermedio no Marco Galego de Competencia Dixital (MGCD)

    O día que nos asignaron para a realización da proba no IES Auga da Laxe é o 18 de abril ás 12:00h.

    Vémonos nas aulas de informática!

    • Aquí tedes o documento oficial da Xunta onde podedes ler moita información acerca do MGCD. Non hai que ler todo!!!
      Fixádevos na páxina 6 e na páxina 9:

      • Na sexta páxina xustifican por que é importante acadar a certificación en competencia dixital
      • Na oitava e novena páxinas indican de que tratan as "ÁREAS DE DOMINIO"

      Vos, alumnado de 2º BACH, soamente tedes que superar a ÁREA 4 (pax. 58). O resto de áreas están superadas por acadar o nivel de estudos no que estades.

      • CONCRETAMENTE: según me comentaron desde a Coordinación das probas de acreditación, debedes ter especial atención ás columnas da DIMENSIÓN 5 "CIDADANÍA" da área 4. É o punto 3.2.4 na páxina 58 do .PDF
    • Neste arquivo recóllense as instrucións para o alumnado á hora de facer a proba de certificación. Lede con atención.
      A información que debemos ter ese día é:

      • Enlace de acceso á proba. Estará na AV. Poderedes acceder desde este curso, escribireino aquí.
      • DNI de cada participante
      • Contrasinal
      • PIN. O "pin" escribireino na pizarra o día da proba

      ÁREA 4: 12 preguntas, 20 minutos...