Dentro da colaboración que existe entre a Bibliotelleiras e o Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, o pasado 20 de setembro o noso alumnado de 3º da ESO, gozou dun paseo matutino (no que recordaron e puxeron en práctica o seu dominio das normas de circulación para peóns) ata o Tanque de Tormentas de Freixeiro. Durante a xornada puideron ver para que serve un tanque de tormentas, a importancia de botar os refugallos nos lugares axeitados para iso e, como non facelo pode provocar atascos e destrozos nas tuberías do sistema de augas residuais da marxe dereita da nosa ría. Tal é o caso das toalliñas hixiénicas, os aceites e outros residuos sólidos que non deberían botarse polo WC ou os vertedoiros.
Podedes ver na seguinte entrevista da Telleiras Radio as súas impresións sobre a visita.