BACHARELATOS
ESTUDOS DE BACHARELATO NO IES AS MARIÑAS
Poden cursarse dúas modalidades de bacharelato: a de Ciencias e tecnoloxía e a de Humanidades e Ciencias sociais, tanto nos réximes ordinario e para persoas adultas.
Materias do bacharelato e cadro horario
O bacharelato consta de materias comúns (que teñen que ser cursadas por todas as especialidades), materias propias de modalidade, cunha carga horaria de 4 sesións semanais (tres en cada curso) das que cinco, como mínimo, teñen que ser da modalidade escollida, e materias optativas cunha carga horaria de 4 horas lectivas semanais cada unha. Poden elixirse como optativas tamén materias de modalidade.