Empezaremos este apartado establecendo o significado dunha serie de términos de uso moi frecuente. En química úsase bastante a expresión sistema material. Pola mesma entendemos calquer porción de materia limitada por unha superficie real ou imaxinaria. Un sistema material pode ser un vaso con auga ou un anaco de ferro, etc.

Os materiais que atopamos na natureza, están normalmente en forma de mesturas, con maior ou menor número de sustancias. Cada unha destas sustancias chámase compoñente da mestura.

Atendendo ó aspecto podemos clasificar os sistemas materiais en dúas clases:
- Sistemas homoxéneos, cando non se distinguen a simple vista as sustancias que o compoñen.
- Sistemas heteroxéneos, cando podemos distinguir a simple vista as sustancias que o
Tanto os materiais homoxéneos como os heteroxéneos, están formados por unha ou máis sustancias puras.

Sustancia pura é aquela que non se pode separar mediante transformacións físicas noutras máis simples. Ten unhas propiedades características definidas, que poden cambiar segundo o estado de agregación (sólido, líquido ou gas) no que se atope. As sustancias puras poden ser:

Elementos: sustancias puras formadas polo mesmo tipo de partículas (átomos iguais). Son 112  e están localizados na táboa periódica.

Compostos: sustancias puras formadas por varios elementos (átomos diferentes que forman moléculas). Teñen unha fórmula que indica a proporción na que interveñen os distintos elementos.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 12:35