Estados da materia
O término materia utilizámolo con moita frecuencia cando falamos. Todo o que nos rodea é materia: os minerais, o aire, os seres vivos, os obxectos elabourados polo home, ...
A materia ocupa espacio e ten masa, así, utilizando unha balanza podemos detctar a súa presencia. Podemos definir a materia como: todo o que ten masa e ocupa un espacio.
Na Terra, a materia preséntase en tres formas que son os estados da materia: o estado sólido, o estado líquido e o estado gaseoso.
Sabemos que o xeo é auga en estado sólido e ten forma fixa. Cando se derrete convértese en auga líquida. Esta auga, como clquer líquido, cambia de forma e adquire a do recipiente que a contén; cando a pasamos a outro recipiente o volume non varía. Quentando suficientemente obtemos un gas, vapor de auga, que se expande e ocupa todo o volume do recipiente que o conteña.