24-11-2010
Actvidades e traballos do 24-11-2010
No espazo Moodle que proporciona a Consellería de Educación, a través do proxecto Web dinámicas, soamente un número reducido de profesores poden ter os papeis de administradores Moodle, por isto, estas actividades de administración soamente poderán ser levadas a cabo por estes usuarios. Así a todo, o que realmente é interesante para o profesor é a xestión da súa aula virtual. O feito de incluir activiades de administración no curso, non ten outra finalidade que dar a coñecer as tarefas fundamentais a hora de administrar Moodle, ainda que hai moitas máis tarefas implicadas na administración.
Da seguinte lista de actividades, as que se refiren ao apartado de Administración de Moodle, estaban programadas para ser feitas no servidor que eu teño instalado no meu portátil. Debido a que este bloquea cando ten moitas conexións, as devanditas activiades non serán realizadas no curso. Sen embargo, na documentación do apartado de Administración de Moodle, indícase cómo se farían.
Actividades
- Actividade 1: Administación: Crear usuario Moodle.
- Actividade 2: Utilización: Suscripción en dous cursos Moodle.
- Actividade 4: Administración: Crear categorías de cursos.
- Actividade 5: Administración: Crear un curso Moodle.
Traballos
- Traballo 1: Conta e curso na web do IES.
- Traballo 2: Conta e espazo na web do IES.