Todas as tarefas e apuntamentos da aula, que son a materia do exame para Sociais e Lingua Castelá e Literatura, están compartidas (alumno-profesor) nos documentos de aula en Drive. A materia de galego está dispoñible para a súa copia en Conserxería, ou pode descargarse a través de internet: Léxico Galego Artello 1. A maiores, é obrigatoria a lectura da novela Invisible, sobre a que se farán preguntas nos exames das tres avaliacións. Un 10% da nota será a cualificación obtida na exposición oral trimestral.