mobilidades Erasmus + 2023-27
9O Departamento de francés do I.E.S. "As Lagoas" participa este curso 2023-2024 no proxecto Erasmus + (que estará vixente durante catro anos). Atopamos un centro en Surgères (Charentes-Maritimes). O centro espertou o noso interese porque é unha cidade escolar con colexio, instituto xeral e instituto técnico.
Erasmus + concedeunous duas mobilidades. Unha delas non marchou cara adiante pero a outra mobilidade realizouse do 8 de xaneiro deica o 23 do mesmo mes. Para este curso decidiuse facer unha estadia de tempo curto (haina de un mes que sería de periodo longo).
O obxectivo fundamental é unha inmersión total no sistema escolar francés.
O noso alumno: Antón Lecompte Saco aproveitou esta oportunidade ao cen por cen e ao mesmo tempo a súa presenza foi aprezada. A familia de acollida foi extraordinaria e a interrelación entre el e o seu "correspondant" francés a nivel humano e de intereses académicos e de ocio foron moi coincidentes o que facilitou moitísimo a súa integración.
A relación entre profesoras tamén foi destacada. Tanto a profesora francésa Mme Jiménez como eu mesma Mª Concepción Guerra tivemos unha "inversión" persoal e profesional para que este intercambio Erasmus + chegará a bo porto.
Este centro de Surgères non tiña o label Erasmus + cando fixemos a experiencia. Pero obtivo a acreditación Erasmus + recentemente. A idea é continuar co proxecto nos cursos vindeiros ao longo do Erasmus + global do centro "As Lagoas".
CURSO 2023-24