Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Febreiro 07, 2024
Start: 07/02/2024 13:49

Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:

As máscaras do Entroido ourensán

Fonte: Abi Castillo

Start: 07/02/2024 13:57

O 23 de febreiro queremos celebrar o Día de Rosalía cunha exposición de fotopoemas. Anímate e envíanos o teu para participar!

Venres Febreiro 09, 2024
Start: 09/02/2024 16:03

O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en FemininoA iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. 

A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.

A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.

Fonte: Diario da Universidade de Vigo

Distribuir contido


by Dr. Radut