MOTESMO
DESPEDIMOS A MOSTRA DE TEATRO
As compañías de seis centros do Morrazo, xunto coa apertura a cargo de Fran Paredes, e o peche a cargo de Teatro Aberto, encheron coas boas vibracións do teatro o Salón de Actos de As Barxas durante a semana pasada.
O trofeo entregado ás compàñías participantes e aos gañadores dos concursos, foi realizado por Chema e o seu alumnado de plástica e completado coas imprescindibles achegas de Henrique e a colaboración de Luz e de Isabel.
Velaí un momento da actuación do noso grupo.