Benvida á nosa páxina web

 

Dámosche a benvida á web do

IES de Arzúa, na Vila de Arzúa en A Coruña

 Queremos amosar, a través desta web, o noso centro educativo e dar a coñecer as novas que ocorren dentro da nosa comunidade educativa. Será o principal medio de dar a coñecer os aspectos máis importantes da xestión e administración do noso IES.

A Vila de Arzúa é moi antiga, existen abondosas pegadas de pobos prehistóricos, os romanos (por aquí pasaba a vía XIX que unía Lucus augusti (Lugo) e Aseconia (Santiago de Compostela). A vila tivo un auxe importante na idade media, ao abeiro das peregrinacións cara a Compostela, xa se fala dela no códice Calixistino como Vila Nova co fin de asistir aos peregrinos.

 Hoxe en día segue a ser un punto importante, pois é zona de pernocta na ruta cara a Compostela, xurdindo moitos negocios de hostelería e hospedaxe que fan que a economía da zona, eminentemente rural, se diversifique.

Ademais, Arzúa é terra de queixo... é a cabeceira da denominación de orixe Queixos de Arzúa-Ulloa, de suave sabor, cun tono ácedo que son moi coñecidos e apreciados non só a nivel de Galicia, senón tamén a nivel nacional.

 Nesta contorna é onde nace o noso centro. Polo Decreto114/1983 que se publica en DOGA O 05/08/1983, créase o Instituto de Formación Profesional con capacidade para 420 alunos/as. As ensinanzas que se ían impartir no mesmo era a FP 1 e FP2 das ramas Administrativa e Agraria que aínda existen na actualidade nos novos Ciclos Formativos.

 O 3 de outubro de 1983, o primeiro director do Centro, don Eduardo Aurelio Cacheda Vigide, inaugura o novo instituto, cun discurso no que fai fincapé en varias cuestións básicas que seguen a estar totalmente en vigor, a pesar do tempo pasado:

  • Coñecementos científicos, técnicos e prácticos.
  • Apostar polos valores cívicos e de responsabilidade.
  • Esforzarse e lograr un ambiente axeitado de aprendizaxe, nun ambiente tolerante e de traballo agradable.
  • Potenciar as actividades culturais, participando e integrándose na Vila de Arzúa.

Pouco despois desta inauguración, creouse o Instituto de BUP que impartía clases na Casa da Cultura e no propio edificio hasta que no ano 1985 se inaugouro un novo centro de educación, neste caso o Instituto de BUP, a carón do xa existente do IFP DE ARZÚA.

Estes Centros funcionaron de xeito independente hasta a súa unificación no ano 1996, a partir da cal pasan a convertese un único centro denominado INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA IES DE ARZÚA.

Na actualidade manteñense estes dous edificios principais, o que tamén marca a forma de organización do centro.

  • O denominado edificio principal, onde se sitúa a zona de administración e xestión (depachos de dirección, secretaría, conserxería, orientación e sala de profesorado), tamén esta o salón de actos, as ensinanzas postobrigatorias (bacharelato e ciclos formativos), laboratorio de Ciencias, a cafetería, aula de convivencia, salas de reunión e todos a maioría dos departamentos.
  • O edificio da ESO, onde se ubican as aulas de ensinanza obrigatoria, a biblioteca, o laboratorio de física e química, as aulas de polos creativos e o departamento de lingua española e lingua galega.

  https://www.paxinasgalegas.es/imagenes/ies-de-arzua_img24841t0m0w1600h800.jpg

Back to top