Skip to Content

Novas

Fondo solidario de libros de texto. Listaxe definitiva

Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto no taboleiro de anuncios, as persoas interesadas poden consultalas personalmente no centro, ou chamando por teléfono.

Tamén poderán consultar a súa solicitude de axudas na aplicación fondo libros, no menú lateral cidadán accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Na seguinte semana publicarase o calendario de entrega.

Aspectos organizativos do curso 2020-2021

A continuación presentámoslles tres documentos moi breves (cliquen en "Ler máis" para velos) que resumen as normas que debemos seguir todos, tanto persoal docente e non docente como alumnado e familias. Pregámoslles que os lean con atención e sexan escrupulosos no seu cumprimento. Por parte do centro, poden contar co noso máximo esforzo e implicación na súa aplicación.

Ante calquera dúbida, póñanse en contacto co centro.

Normas para o alumnado

Normas para as familias

Medidas adoptadas polo centro

Adiado o comezo de curso

A Consellería de Educación tomou o venres 11 de setembro a decisión de adiar o comezo de curso ata os días 23, 24 e 25 deste mes, mantendo a incorporación gradual do alumnado por niveis:

1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato, o mércores 23 de setembro

3º de ESO e 2º de Bacharelato o xoves 24 de setembro

4º de ESO o venres 25 de setembro

Haberá servizo de transporte escolar en horario ordinario.

Neses días o alumnado non terá o seu horario habitual de clases, senón que se dedicarán a presentación de profesorado, aulas virtuais, e a familiarizarse con tódalas normas derivadas da aplicación do plan para a prevención fronte á covid-19.

A alumna Uxía Noya premio do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A alumna Uxía Noya, de 2º de Bacharelato, vén de conseguir o premio do X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. O traballo, titulado "A FRONTEIRA ENTRE O PÚBLICO E O PRIVADO NA SOCIEDADE DA REDE", foi realizado dentro dos proxectos do alumnado de STEMBACH e titorizado polas profesoras do centro Ana María Alonso e Pilar Figueroa, baixo a dirección das profesoras da facultade de socioloxía da Universidade da Coruña Montserrat Golías e Elvira Santiago. Parabéns a todas!

Calendario e exames de setembro 2020

Calendario de setembro:

  • Martes 1 e mércores 2 de setembro: 
  • Venres 4:
    • 09:00 h. Publicación das cualificacións en Abalarmóbil. Entrega de cualificacións de ESO e Bacharelato. Para ESO, recollida de libros por parte dos titores e titoras na aula de vídeo.
    • Inicio do prazo de reclamacións ás cualificacións ata as 14:00 h do luns 7.
    • 09:30-13:30 h Revisión de exames. O profesorado estará dispoñible para aclarar dúbidas sobre as cualificacións e para o alumnado que solicite revisar exames.
  • Luns 7:
    • 14:00 h. Remate do prazo de presentación de reclamacións para ESO e  Bacharelato. 

Matrícula de setembro:

Publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos

Están publicadas no taboleiro do centro as listas definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2020-2021.

Tamén se poden consultar  a través da aplicación:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Cualificacións avaliación ordinaria ESO e 1º de bacharelato

Infórmase ao alumnado e ás súas familias que as cualificacións da avaliación ordinaria de xuño sairán publicadas en abalarmóbil o vindeiro mércores 24 de xuño ás 12:00 h. Non se entregará de momento boletín en papel.
O alumnado que vaia continuar estudos no noso centro recollerá o boletín de notas e a avaliación de competencias cando veña formalizar a matrícula.
O alumnado que non vaia continuar estudos no noso centro pode pasar a recoller o boletín de notas, avaliación de competencias e consello orientador (en 4º de ESO) durante o mes de xullo.

Libros de texto curso 2020-21

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

Adaptación das programacións e dos criterios de avaliación

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, poden consultar nos documentos que se xuntan as adaptacións das programacións didácticas, dos criterios de avaliación e dos estándares imprescindibles. Inclúense tanto os criterios para a recuperación de avaliacións pendentes coma para subir nota.

Recollida de material

As familias do alumnado que deixou material no instituto e desexen recollelo, deberán enviar un correo electrónico ao centro coas seguintes indicacións:

O correo debe poñer como  asunto: RECOLLIDA MATERIAL_nome-do-alumno. Calquera outro correo con outra indicación no asunto non se terá en conta.

No corpo do texto debe constar:

  1. Nome da alumna/do alumno, curso e grupo.
  2. O material deixado no centro, o máis especificado posible (no caso de libros: A materia, se o libro é de fondo libros ; no caso de cadernos: Cor, forma e tamaño)
  3. A ubicación concreta do material (número de casilleiro de ser o caso;  mesa ou lugar concreto da estantería en caso de estar nunha aula). Isto é especialmente importante, porque, desinfectado o centro, só accederá a buscar o material o persoal do mesmo. Só se entregará o material que poida ser localizado.
  4. Só se entregará material identificado co nome do alumno/ da alumna


O IES poñerase en contacto  cos solicitantes de recollida de material para determinar cando poderá ter lugar.
 

Incorporación ás clases presenciais do alumnado de 2º de Bacharelato

Informamos ás familias e ao alumnado de 2º de Bacharelato que, seguindo instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a partir do vindeiro luns 25 de maio, e sempre que se pase á fase 2, este alumnado poderá reincorporarse ás aulas. Este regreso será completamente voluntario e non se impartirá contido que non se facilite tamén no seguimento a distancia, polo que non haberá diferenzas entre a formación persoal e a distancia.
Con obxecto de organizar o retorno con garantías de seguridade necesitamos saber de antemán qué alumnado ten previsto volver ao centro a partir do 25 de maio. Polo tanto, se o/a alumno/a vai asistir ao centro a partir desa data é preceptivo que nos envíen un correo electrónico, antes do martes 19 de maio, á dirección ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal para comunicalo.
Dado que é posible que non poida manterse a distancia de seguridade en todo momento, durante a permanencia no centro será obrigatorio o uso de máscara.

Reanudación de prazos administrativos

A partir do vindeiro 11 de maio o centro volve abrir para xestión de procedementos administrativos. En particular, atenderanse trámites de admisión de alumnado, certificados e outros procedementos urxentes que non poidan ser xestionados telematicamente.

Admisión de alumnado

Con respecto a admisión de alumnado, o novo prazo de entrega de solicitudes é dende o 11 ao 18 de maio, ambos incluídos. Lembrásmolle ás familias que este trámite tamén pode ser realizado desde o portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Todo o alumnado que fixo reserva nos centros adscritos está admitido.

Presentación de solicitudes - Impresos

Prazos

 -Vacantes para admisión

Información ás familias sobre o desenvolvemento da 3ª avaliación

No arquivo que se xunta informamos ás familias sobre a forma na que se vai desenvolver a 3ª avaliación, de acordo coas instrucións de 27 de abril da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e das directrices do Ministerio de Educación y Formación Profesional (Orden EFP/365/2020 de 22 de abril, BOE de 24 de abril de 2020).

Para calquera aclaración ao respecto, poden contactar co centro nos teléfonos 604031798 ou 881867055 (de 10:00 a 13:00) ou no email ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal.

 

 

Modelos de exames para as ABAU 2020

A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) vén de publicar na súa páxina web modelos de exames para as ABAU 2020, adaptados á situación actual de pandemia por coronavirus.

Cualificacións da 2ª avaliación

Infórmase ao alumnado e ás súas familias que as cualificacións da segunda avaliación sairán publicadas en abalarmobil o vindeiro venres día 3 de abril ás 10:00 h. Se algunha familia aínda non ten instalada a aplicación, poden atopar axuda para a súa descarga e instalación na web do espazo abalar e teñen tamén á súa disposición unha guía de uso na mesma web.

En caso de dúbida ou para solicitar  aclaración ou máis información respecto a algunha cualificación poden poñerse en contacto co/coa profesor/a por medios telemáticos ou, de non ser posible esa opción, enviar un correo electrónico a ies.arcebispo.xelmirez.2@edu.xunta.gal ou chamar aos teléfonos 881867055 ou 604031798 en horario de 10 a 13 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut