INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA |
PRAZO: do 25 de Xuño ao 8 de Xullo de 2024
PROCEDEMENTO PARA MATRICULARSE: dúas vías posibles
-
•PÁXINA WEB DO CENTRO:
-
Os documentos da WEB son editables, de xeito que poden ser cumprimentados por ordenador ou descargados e cumprimentados a man. Estes documentos deberán ser impresos no propio domicilio e asinados para posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada en cada un deles, na secretaría do IES Aquis Querquernis no prazo que se indica ao inicio. Na secretaría do centro facilitarase gratuitamente un sobre para presentar toda a documentación.
-
•DE XEITO PRESENCIAL: os sobres de matrícula estarán a disposición das familias para recoller na secretaría do centro a partir do día 25 de Xuño, cun custe de 1€ por gastos de fotocopias (estarán a disposición das familias o día de entrega de notas). Deberán cumprimentar todos as partes, asinalos e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada en cada un deles, na secretaría do IES Aquis Querquernis no prazo sinalado ao inicio.
IMPORTANTE: NON se recollerán as matrículas incompletas (sen cumprimentar ou que falte algún documento) e DEBERÁN estar asinadas por ambas persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, (nos casos nos que ambos teñan a GARDA CUSTODIA).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-
•.A CORRESPONDENTE A CADA CURSO NO QUE DESEXE MATRICULARSE:
-
◦.Todas as páxinas incluidas no documento da páxina web para cada curso.
-
◦.Se escolle o sobre de matrícula, todas as follas incluídas
-
-
•.A SOLICITUDE DE TRANSPORTE E/OU COMEDOR SE É O CASO completamente cumprimentada.
-
Para o alumnado de 3ºESO, 4º ESO, 1ºBACHARELATO e 2º de BACHARELATO:
• Xustificante do pago do seguro escolar de 1,12€ no seguinte número de conta:
ES32 2080 5278 0130 4000 4509
- CONCEPTO: Nome e apelidos do/a alumno/a