-
O 27 setembro visita o noso centro a investigadora en ciencias do clima Marta Vázquez Domínguez. Esta charla está enmarcada dentro do proxecto de divulgación do cambio climático en centros de ensino promovido pola Universidade de Vigo.
-
O 17 de novembro recibimos unha interesante e funcional clase sobre Ciberacoso, delitos informáticos e as súas consecuencias, a cargo de Jorge Álvarez González, avogado especialista neste tipo de delitos, charla destinada ao alumnado da ESO e ás súas familias.
-
O día 30 de novembro a asociación Pantallas Amigas acude ao centro para ofrecer ao alumnado de 4º eso de 1º de bacharelato unha charla de actualidade titulada “Violencia de xénero e novo contexto dixital”.
-
O día 30 de novembro Manuel Caeiro Rodríguez, profesor de telecomunicacións da Universidade de Vigo, visítanos para falarnos de hackers e ciberseguridade e mesmo para despertar vocacións entre o alumnado.
Podes ver imaxes das actividades que facemos premendo aqui