CREAR MATERIA NOVA
Crear unha materia nova é útil para:
Aqueles profesores cuxa materia non sea E-dixgal, pero o empreguen para subir tarefas, materiais, etc... do mesmo xeito que se fai na aula virtual.
Se un profesor E-dixgal da en varios grupos diferentes, pode crear unha materia nova, matricular a todo o alumnado do curso e logo facer grupos. Deste xeito, cada vez que suba unha tarefa, non terá que facelo tantas veces como grupos teña. É importante que, no caso de optar por esta opción, agochemos as materias que non imos empregar para que o alumnado non tolee ao ver varias materias iguais.
Prema na ligazón CREAR MATERIA NOVA para abrir o recurso.