A oratoria é a arte de falar en público con elocuencia, coa finalidade de persuadir ou conmover ao auditorio. 
  Esto quere dicir que a oratoria constrúe:
a) textos argumentativos: porque a súa finalidade é convencer. 
b) textos orais: porque pretende convencer falando en público. 
  Normalmente a oratoria vai ou preséntase unida a retórica. A retórica e oratoria son prácticamente sinónimos. A diferencia consiste en que a oratoria pretende convencer empregando únicamente o texto oral, e a retórica inclúe o texto oral e o texto escrito. 
  A retórica e a oratoria nacen en Grecia clásica cando xurdiron problemas de propiedade das terras e os cidadáns tiveron que acudir aos tribunais para dirimir as súas diferenzas. 
Última modificación: mércores, 25 de setembro de 2019, 8:15 PM