A posta en escena é fundamental á hora de falar en público. Aínda que pareza incrible, a maioría da mensaxe pérdese. Os oíntes só quedan cunha idea a vaga e xeral.

 

   Actividade: o teléfono estragado.

   Como ves, á hora de convencer, é case máis importante que a impresión que causes no auditorio que os argumentos que deas. Por iso é polo que a actio é tan importante. É fundamental que lle gustes ao teu público.

    Por se isto non fose suficiente, o cerebro humano ten tres capas:

    - o neocórtex: é a parte do cerebro que razoa-

    - límbico: é a parte do cerebro encargada das emocións.

    - reptiliano: É a parte máis instintiva.

    Aínda que nos pareza incrible, a parte do cerebro á que debemos apelar en oratoria é ao cerebro reptiliano, porque é a parte encargada de tomar decisións.

    Os seres humanos na nosa vida estamos a tomar continuamente decisións. Decidimos si, unha coca-cola ou non, que chaqueta poñernos, dar un paseo por non, ver un programa de televisión ou outro, etc. Noso día a día é un fluxo continuo que decisións. Se cada vez que temos que tomar unha, facemos unha análise racional da situación e das posibles causas e consecuencias, non fariamos nada. Por iso, tomamos as decisións instintivamente, e, unha vez tomadas, a parte racional (neocórtex) encárgase de buscar razóns que xustifiquen esa decisión a posteriori.

    Por todo iso, o orador tense que dirixir fundamentalmente ao cerebro reptiliano, que non é quen vai a analizar racionalmente os argumentos. A decisión tomarase instintivamente. Por tanto, non é tan importante o logos (bo coñecemento do tema e bos argumentos), como o ethos (unha personalidade agradable), o pathos (conexión co público) e o estilo persoal.  

Última modificación: sábado, 30 de noviembre de 2019, 20:05