Durante os últimos anos véñense desenvolvendo no centro diferentes ligas internas, tanto de deportes colectivos como individuais. O principal obxectivo destas actividades é que o alumnado se manteña activo e, polo tanto , saudable. Debido á pandemia non é posible realizar ningún tipo de actividade con contacto físico ou na que se comparta material, por iso dende o centro tentaremos propoñer unha serie de actividades (dentro do que o protocolo covid permite para evitar contaxios) para que o alumnado teña unha vida activa e saudable.

A primeira destas actividades será un reto colectivo que consistirá en chegar, entre tod@s,  aos 2000km percorridos durante o mes de novembro e a primeira semana de decembro nos recreos. Para iso contabilizaranse a distancia percorrida polo alumnado durante o recreo. Poderá facelo utilizanzo algún reloxo con GPS ou ben o teléfono móbil para o cal existen diversas aplicacións que contabilizan a distancia percorrida. Exemplos destas aplicacións son: Endomondo, Runtastic, RunKeeper, Sportractive e Sports Tracker, tamén Nike+ Run Club ou Adidas correr & entrenamiento. Tamén poden utilizar unha aplicación propia chamada IES AAR Reto 2000 km, que se pode descargar aquí. Para que as actividades contabilicen para o reto, o alumnado deberá envialas mediante capturas de pantalla á dirección de correo deporteaar@gmail.com indicando no Asunto: Reto 2000km+curso+nome do/a alumno/a. Se utilizan a aplicación do IES poderán envialas pulsando o botón correspondente (ver manual). 

Os 3 alumnos e as 3 alumnas que máis km aporten durante o mes de novembro levarán unha camiseta do IES como premio.


Última modificación: xoves, 19 de novembro de 2020, 17:34