Opcións de matriculación

A competencia xeral do título de técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, con aplicación da normativa ambiental e de prevención de
riscos laborais.

O módulo profesional de Formación e Orientación Laboral preséntase en dúas Unidades Formativas:

- Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais (45 horas)
Os contidos básicos desta unidade son: Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral, avaliación de riscos profesionais, planificación da prevención de riscos na empresa, aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

- Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego (62 horas)
Os contidos básicos desta unidade son: Xestión do conflito e equipos de traballo, contrato de traballo, seguridade social, emprego e desemprego e a procura activa de emprego.
Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.