Skip to Content

Deporte escolar

Deporte Escolar. Curso 2024-25

 

 

Para o desenvolvemento e promoción das actividades deportivas, o centro súmase á campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que busca brindar a oportunidade ao alumnado para practicar e competir cos clubs e centros educativos, polo que se trata dun programa  dirixido a todo o alumnado. Deste xeito, o centro facilita a inscrición no programa a todo o alumnado da ESO que desexe participar. Nesta ligazón poderedes acceder ao modelo de autorización con toda a información relativa á protección e a xestión dos datos persoais do alumnado que desexe participar na iniciativa e, por tanto, inscribirse.

As iniciativas deportivas nas que parcipa o noso alumnado a través do programa XOGADE organízanse a través de AGRUDEBAM (Agrupación Deportaiva de Deporte de Base Baixo Miño), a agrupación que se encarga de xestionar a actividade deportiva escolar nos concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal.

No curso 2024-25 están organizadas as seguintes actividades por parte de AGRUDEBAM para o alumnado do centro inscrito en XOGADE:

O centro obtén o distintivo "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación

 

"IES Antón Alonso Ríos: saudable e activo" é o proxecto polo que o noso centro obtivo a distinción "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. É un proxecto integral no que se aborda a saúde desde diferentes puntos de vista e cunha perspectiva interdisciplinar. No proxecto pódense distinguir catro ámbitos: por unha banda, a saúde e o deporte, co que se fomenta un estilo de vida activo a través de diferentes iniciativas que afectan tanto aos periodos dos recreos como ás actividades extraescolares e complementarias; por outra banda, destaca no ámbito da saúde, a ciencia e a nutrición, onde por medio de diferentes traballos e iniciativas foméntase a investigación e o desenvolvemento dunha nutrición equilibrada e saudable, un tema que ocupa un lugar importante no Concreso Científico anual do centro; así mesmo, destaca a saúde emocional e mental mediante o fomento da educación emocional do alumnado e onde destaca o proxecto que integra a toda a comunidade educativa denominado "Febreiro: mes das emocións"; por último, a prevención de condutas nocivas e de risco e a formación sobre a saúde sexual entre o alumnado coa colaboración de entidades e asociacións especializadas na intevención en adolescentes e familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut