Programa de Prevención de Condutas Adictivas
Enviado por anaro o Mar, 01/02/2022 - 19:22
O alumnado de 2º ESO e 4º ESO, xunto co alumnado de FPB iniciou esta semana o Programa de Prevención de Condutas Adictivas do Concello de Ames que será desenvolto na primeira quincena do mes de Febreiro por medio do cal poderán identificar, coñecer e tomar conciencia sobre os posibles tipos de condutas adictivas, especialmente en adolescentes, como poden ser o consumo de drogas, as novas tecnoloxías, os xogos ou as apostas.